MAZARELOS. REVISTA DE HISTORIA E CULTURA

Mazarelos é unha revista en papel e en liña de periodicidade cuadrimestral escrita en galego cun obxectivo de divulgación cultural e científica das ciencias sociais e as humanidades. Consta de varias seccións nas que se inclúe un dossier de artigos, unha entrevista, un artigo dun persoeiro galego e un investigador invitado no que fala dunha experiencia propia.